Wednesday, January 24, 2007


VOS VEDES COUSA COMA ELA.... eu que sempre pensei que un portafolio era unha especie de carpetiña ou maletin como o da foto.... en fin, supoño que o concepto avanzou tanto que eu quedeime antiquada.
agora xa podo presumir de que un portafolios xa é algo máis que unha maleta ou unha carpeta, e iso vino gracias a esta asignatura que tanto se me resistiu sempre: as novas tecnoloxias.
no fondo, alegrome de haber sido capaz de meterme y de profundizar un pouquiño máis neste mundo da World Wide Web.!!!!!!

Monday, January 22, 2007


navegando pola rede na procura de material fotografico para engadir no meu portafolio, atopeime con esta imaxe.
a min suxireme dúas cousas:
a) relacionoa na medida metafórica de que eu son a espectadora da foto e a estatua é a asignatura de novas tecno. ´Deste xeito miraba eu a esta asignatura: por todos os lados para buscarlle xeito e maneira de entendela e de fundirme con ela nunha perfecta simbiose.
b) o outro significado ben polo do portafolios, que nalgunha definicion que me atopei pola web, dicia que era algo relacionado coa arte, pero o que non entendin é exactamente como e en que punto.

creo que me vai pasar como a espectadora, seguir mirando e dandolle voltas a ver se consigo orientarme cara algún punto definitorio.
ben, chegada a derradeira clase de Novas Tecnoloxías, aquí estamos tod@s e supoño que cada un de nós, rematará esta asignatura de xeito diferente e cun "saborcillo" particular.
eu particularmente, foi unha asignatura que me resultou practicamente nova, e nunca mellor dito, porque cheguei aquí cos coñecementos de informática a nivel usuario e para máis "inri", non dispoño nin de ordenador propio nin de internet na casa.
en fin, que me vou apañando como boamente podo e a ratiños libres.
isto suponme un grave atraso con todas co curso en xeral, pero particularmente e en especial nesta asignatura porque todo en ela se fai no ordenador e mediante internet.
voume cun pouco de tristeza, non por nada en especial, senón por haberme quedado" colgada de medios", para poder sacarlle o MÁXIMO rendemento a esta materia, porque ademais resultame moi productiva e de utilidade, sabendo e tendo os medios necesarios para poder "exprimila" ó máximo, sempre no mellor sentido da palabra e para ganar coñecementos neste "mundo informatizado", que cada día avanza máis.

se mirades a imaxen que subin ó blog, fai uns días, eu quedome con ela porque me identifico con ela na medida en que sigo case coma "un caracoliño" no ritmo das Novas Tecnoloxias.

en fin, de calquer xeito, foi unha boa experiencia e merece a pena seguir ampliando.

un agarimoso saudo para tod@s de mariajo28.

Friday, January 12, 2007

holaaaa!!!
acabo de entrar no foro de novas tec. e quedei alucinada cunha noticia que circulaba por ali: resulta que a tecnoloxía esta abarcando cada vez máis todos os ambitos da nosa sociedade que hasta a igrexa se vai modernizar. o extraño non é isto, senón que alguén propuxo que as confesións, que ata o de agora se facian en privado con un cura a través do confesionario, pasaría a "colgarse na rede". si, si, tal cual o estou contano: os pecado e demais arrepentimentos colgarianase na web indicada para recibir a absolucion pertinente.

quedei alucinada, non sabía se rir se chorar. avance SI, barbaridades NON. creo que todo ten un límite, e aqui creo que a persoa/as, que propuxeron isto foiselle a imaxinación demasiado lonxe, e senón que llo conten as nosas a avoas.
holaaaa!!!
acabo de entrar no foro de novas tec. e quedei alucinada cunha noticia que circulaba por ali: resulta que a tecnoloxía esta abarcando cada vez máis todos os ambitos da nosa sociedade que hasta a igrexa se vai modernizar. o extraño non é isto, senón que alguén propuxo que as confesións, que ata o de agora se facian en privado con un cura a través do confesionario, pasaría a "colgarse na rede". si, si, tal cual o estou contano: os pecado e demais arrepentimentos colgarianase na web indicada para recibir a absolucion pertinente.

quedei alucinada, non sabía se rir se chorar. avance SI, barbaridades NON. creo que todo ten un límite, e aqui creo que a persoa/as, que propuxeron isto foiselle a imaxinación demasiado lonxe, e senón que llo conten as nosas a avoas.

Wednesday, January 10, 2007



Los docentes y las TIC: cuatro tendencias, o más

"El artículo describe cuatro tipo de profesores: los que se sienten inseguros frente a esta nueva herramienta; los que le reconocen utilidad pero se mantienen alejados de ella; los escépticos, que recelan y son críticos; los que reclaman su vinculación a lo pedagógico; y los activistas. Es una clasificación sujeta a matices frente a la que el autor reclama una nueva narrativa escolar."
Acabo de ver este artículo nos Cadernos de Pedagoxía e pareceume moi interesante, porque nel vin reflexada a realidade do colexio no que eu fixen as practicas escolares.
Alí a marioria dos mestres eran da "antiga usanza", é dicir, ainda están moi atrasados e van moi lentos en canto o manexo das TICs. Seguen utilizando o clásico libro de texto e non saen del. De ahi que vin esta imaxe moi significativa.