Friday, December 15, 2006

hola a tod@s!!!!

a verdade é que xa fai moito tempo que non escribo nada aquí, e a verdade é que ando sempre moi liada (a veces saturada) e ainda por enrriba, non dispoño todavía de ordenador propio e iso limitame moito á hora de poder estar ben o día con esta asignatura.
sempre ando pendente de poder vir a unha biblioteca publica, como agora que tou na de Pontecesures, para conectarme.
do que máis me alegro é de estar outra vez de volta na miña vida de todos os días, porque o certo é que estiven operada no hospital fai dúas semanas, e pensei de non poder contala, porque o que en principio era algo sencillo, ó final complicouseme demasiado e paseino fatal; de feito ainda ando en proceso de recuperación e con moitos coidados.

en fin, na vida sempre hai achaques inesperados, e a verdade é que me dei conta de que o merllor é sempre poder contalos despois, e que todo se quedara nun susto.

xúrovos que neses momentos de angustia que pasei non me faltou cariño por parte da miña xente que máis me quere, pero eu o único en que pensaba era en ver e volver estar cos meus dous elementos: andres manuel e alfonso. querolles con locura.

igual é unha tontería, pero estoume desafogando un montón soltando todo este "quijote", como diría o noso compañeiro de clase,Gonzálo.

sen mais, por hoxe, que xa me teño que ir para casa, un biquiño moi forte e a ver se nos vemos pronto.

No comments: